viernes, 9 de marzo de 2018

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA MÁIS REBELDES

Nesta sesión do club de lectura Rebeldes de Susan Hinton plantexou a duplicidade no debate: Por unha banda, o argumento mesmo da obra resultou moi atraínte para todos os membros do club. Por outra parte, tamén falamos da capacidade desta obra de seguir sendo unha obra actual e interesante para as xeracións máis novas, a pesares da súa idade. Este punto testimoniouse polo recordo que as alumnas de Bacharelato tiñan da súa primeira lectura e as impresións manifestadas polos alumnos da ESO.

8 DE MARZO, HOXE E TÓDOLOS DÍAS

Para conmemorar o 8 de Marzo, inaugúrase o concuso "IMPORTANTES?NON...IMPRESCINDIBLES!!! no que se fai un repaso por algunhas das figuras femininas máis relevantes da nosa contorna.
Sabemos que esta representación é moi reducida e subxectiva, polo que o reto consistirá en relacionar as biografías coas figuras pero tamén a incorporación doutras personaxes significativas.
E RECORDA, A SEGUINTE SERÁS TI!!!!

viernes, 2 de marzo de 2018

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O luns pola tarde-noite tivemos a sesión do club de adultos. Rimos e debatimos sobre Alguien bajo los Párpados de Cristina Sánchez-Andrade e a súa orixinal presentación da nosa historia e, como non, do noso presente.
A seguinte sesión será o 19 de marzo, coa última obra de Arantxa Portabales.

HÉCTOR CAJARAVILLE NO IES DE POIO

O venres pasado visitounos o escritor Héctor Cajaraville, da man da profesora D'Milagres e o departamento de Lingua Galega. Os grupos de 2'ESO implicaronse na preparación do evento e, así, fixeron uns programas de man perfectos e ilustrado polo alumno Luis Blanco Domatos, de 2'ESO A:
A presentación do acto tamén correu a cargo do alumnado:
Os alumnos seguiron atentamente a charla e...
Aproveitaron a ocasión para levar un recordo do día: unha dedicatoria no seu exemplar de Denébola a Roxa.
Tamén a biblioteca quedou con un recordo desta visita nos nosos fondos:
GRAZAS, HÉCTOR!!!!