martes, 26 de marzo de 2019

NOVOS FONDOS


Este ano a biblioteca vai actualizando as súas seccións :

-Xogos


-Literatura Xuvenil


- Banda Deseñada


-Antón Fraguas, Letras Galegas 2019


-Divulgación científica

E moitos máis.....


PRÉSTAMOS INTERBIBLOTECARIOS, HISTORIAS VIAXEIRAS

Para poder ofrecer ós nosos usuarios moitas máis posibilidades, o IES de POIO participa activamente no programa da Consellería libros a eito:

 compartimos os nosos exemplares e lemos as obras recomendadas por outros lectores.


A BIBLIOTECA COMO EIXE DO GRUPO DE TRABALLO DO PROFESADO

Durante todo o curso, un grupo de profesores do IES de POIO está a participar nun grupo de traballo de Xestión e Organización da Biblioteca Escolar.


Case vinte profesores comparten tarefas

 e distintas xornadas formativas.

O traballo está a ver os seus frutos...



CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


 Un ano máis, voltamos co club de lectura de adultos, a cargo da profesora Dª María Elena Costas, de Lengua Castellana.

Este ano xa somos dezaséis! Continuamos mellorando…


Así a nosa primeira incursión lectora levounos a indagar na vida de Marga, en Tres Mil Noches con Marga, de Pedro Ramos.




Na posta en común desta obra descubrimos que todos estábamos intrigados polas mesmas cousas: os caracteres que rodean á nosa protagonista fan que nos preguntemos por eses secundarios tan interesantes, Marga é un misterio admirable, a época e circunstancias que lle tocan vivir recordaronnos que non hai moito a vida era moi distinto non moi lonxe de nós.
Como conclusión chegamos á mesma de sempre: falta libro, falta historia, queremos máis.




A seguinte lectura cambiou completamente de rexistro, de idioma, de tono,... 




Campus Morte de Lito Vila levounos a xogar co pasado do Santiago universitario e a actualidade. Pero este xogo de tempos esconde unha realidade dramática: as nefastas consecuencias dasnosas accións non son cousas do pasado, é maís, están de máxima actualidade.

El Chico Nuevo de Chacy Chevalier impactounos.





Enfrentámonos coa maldade, coa orixe da maldade. Discutimos acaloradamente as consecuencias que ésta ten no seu entorno, en todo o que a rodea, e pensamos no noso posicionamento ante esta realidade do mundo no que vivimos. Unhas reflexións moi serias que non deixaron indiferente a ninguén.



Na próxima sesión, póremos en común Terror de Ferdinand von Schirach.





CLUB DE LECTURA DE NARRATIVA PARA BACHARELATO


Os alumnos de Bacharelato continúan, un ano máis, co club de narrativa, da man da profesora de Lingua Castelá Dª María Elena Costas. As sesións, para non ser tan afogadas, realizamolas co xantar do luns.

E para inicialas, nada mellor que compartir unhas pizzas e un pouco de froita mentres tiñamos un acalorado debate sobre El Chico Nuevo de Tracy Chevalier, unha novela de ambiente escolar.



A segunda sesión levounos a compartir bocadillos (GRACIAS, NITA),  mentres poñíamos en común a lectura de Marina, de Carlos Ruiz Zafón. A obra tivo, para todos, os seus momentos: o horizonte de expectativas creado antes e durante a lectura foi tan alto que, ó final, houbo pequenas decepcións.


Puerto Escondido, de María Oruña, é a nosa seguinte proposta. Veremos....

CLUB DE LECTURA DE POESÍA GALEGA


A profesora de Lingua Galega Dª. Milagres Romero tivo unha acollida moi satisfactoria da súa proposta de club de lectura poética en 1º Bacharelato. 

A súa primeira lectura, Ningún Cisne, de Manuel Rivas, foi analizada en dúas sesións, polas incorporacións tardías ó club.


A segunda lectura, Camuflaxe, de Lupe Gómez, mergullounos na súa voz narrativa e as súas evocacións cheas de dor pero, tamén, de realidade.



Tras isto, agora estamos a traballar con Aplicación Instantánea, de Carlos Negro.


CLUB DE LECTURA DE NARRATIVA PARA 3º E 4º ESO


Os rapaces de 3º e 4º da ESO optaron pola narrativa, da man do profesor de Lingua Castelá D. Xulio de Santiago.



No primeiro trimestre, pouco a pouco, foron analizando reflexionando sobre a actualidade gracias á novela xuvenil Laila, de Laila Karrouch.



Tras esta lectura, se adentraron no universo de Lorenzo Silva, cunha das súas novelas xuvenís , neste caso, El cazador del desierto.

CLUB DE LECTURA DE KAMISHIBAI

A profesora Dona Celia Couso, de Lengua Castellana, conseguiu un éxito rotundo na súa proposta de club de lectura.
Agotaronse as prazas para participar no club de kamishibai ó pouquiño de ofertalo.

Nas primeira sesión, a profesora tivo que mostrar de forma teórica esta fórmula teatral, tan antiga coma descoñecida na nosa sociedade.



A partir disto, empezamos coas primeiras representacións. A máis importante veu da man de D. Juan Juste. Con él disfrutamos dunha representación de kamishibai:










Ademáis, representou para nós una pequeña peza de Emaki






O fin de festa foi xenial…


Despois das demostracións prácticas, na seguinte sesión repartimos os kamishibai que cada componente do club representará.




Só nos queda practicar e ir facendo pouco a pouco as nosas representacións.

CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA PARA 1º E 2º ESO

Este ano, a profesora de Lingua Castelá Dª. Maider Rodríguez continúa o club de banda deseñada. 
Ideado para 1º e 2º ESO, tivo moi boa acollida e, alumnado, de cursos superiores tamén quiso participar dos encontros. Formouse así un grupo moi heteroxéneo cunha afición común: a banda deseñada.



A súa primeira lectura, Raritos de Svetlana Chmakova, foi moi ben acollida polo grupo. Así o indicaron na posta en común.



Tras esta, Black Jack I foi a seguinte parada. E, na reunión sobre esta obra, entregouse Enrugas, de Paco Roca.



A lectura de Dad I é o reto ó que se enfrentan esta semana.