sábado, 12 de octubre de 2019

CLUBS DE LECTURA 2019/2020

Lanzamos os clubs de lectura para este curso! A partir do luns 14 xa podedes anotarvos na Biblioteca nalgún ou en varios deles. Aquí tedes toda a información:





miércoles, 9 de octubre de 2019

CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN


A Biblioteca do IES de Poio organiza neste outono un concurso de relatos de medo, coincidindo coa celebración do Samaín este mes de novembro.

As bases do concurso son as seguintes:

1. Poderá participar todo o alumnado do centro.

2. Poderán concorrer con traballos orixinais escritos en galego en dúas categorías: 
        a) Primeiro ciclo da ESO (1º, 2º e 3º)
        b) Segundo ciclo da ESO (4º) e Bacharelato

3. Os relatos deben recoller historias de Samaín dos sucesos estraños que contaban os e as maiores ao redor do lume nas longas noites do mes de Santos: aparicións, a Santa Estadea, defuntos, mouras, etc.

4. Cada alumno/a introducirá o seu relato nun sobre fechado no que escribirá por fóra o seu pseudónimo e o título do relato.
No interior dese sobre irá outro máis pequeno co pseudónimo por fóra e cos datos persoais dentro: nome e apelidos, curso e grupo.

5. Os traballos serán depositados na biblioteca durante o recreo.

6. O prazo de entrega finalizará o 30 de outubro.

7. A Biblioteca establecerá para cada categoría un PRIMEIRO e un SEGUNDO premio, consistentes en libros e/ou material.

8. Os premios poderán ser declarados desertos se o xurado o considerar oportuno.

9. O xurado estará integrado polo Equipo de Biblioteca (que contará coa colaboración do profesorado de Lingua Galega).

10. O fallo do xurado e a entrega de premios terán lugar no recreo do día 7 de novembro na Biblioteca.

11. Os traballos premiados serán subidos ao blog da biblioteca e expostos no taboleiro do vestíbulo do centro durante o mes de novembro.

12. A participación nesta convocatoria supón a aceptación destas bases.