lunes, 29 de enero de 2018

BOOKTRAILER DE NAVES NEGRAS ANTE TROYA

A profesora dona Carmen Fernández remítenos o enlace do booktrailer de Naves Negras ante Troya, lectura do primeiro trimestre do Club de Lectura de Grego.

Naves negras ante Troya from Calamo currente on Vimeo.


lunes, 22 de enero de 2018

SEGUNDA LECTURA NO CLUB DE GREGO

A profesora Dª. Carmen Fernández informa de que:

"O club de lectura de Grego comeza unha nova andaina neste segundo trimestre.

Mentres imos rematando co booktrailer de Naves negras ante Troya, estamos xa preparando a nova lectura.


Nesta ocasión trátase de Las nubes, do comediógrafo grego Aristófanes, unha obra que nos presenta  unha visión satírica da figura do filósofo Sócrates e da escola filosófica dos sofistas.

Agradecemos a Julio, profesor de flosofía no noso centro, a súa incorporación ao club para esta lectura.

Hoxe no recreo tivemos unha  interesante introdución á  obra levada a cabo polo  profesor de filosofía e pola profesora de grego, con comentarios e preguntas dos integrantes do club.




Faltou algunha compoñente do club de lectura, e agradecemos a incorporación de Alejandro, alumno de 2º de bacharelato.

O recreo quedóusenos corto para adentrarnos  neste mundo de Aristófanes que , se ben data de vinteseis séculos atrás,, nembargantes, somos quen de decatarnos do actual da súa temática. e seguro que de disfrutar da lectura. 

Ben certa é, como comentamos hoxe, a máxima de nihil novum sub sole."