jueves, 30 de noviembre de 2017

NOVA SESIÓN NO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


O luns pola tarde o club de lectura de adultos compartimos reflexións trala lectura de "Entre Tonos de Gris" de Ruta Sepetys, cuxo ton resultou moi adecuado para poder afrontar a dura temática que plantexa.
A conclusión: só coñecendo as miserias máis duras da historia, poderemos facer fronte ao futuro desde a esperanza.



Na próxima reunión, o 11 de decembro, compartiremos as impresións sacadas trala lectura de "Hotel Almirante" de Marta Rivera de la Cruz, onde asombrarémonos coas vidas da saga Leal.

viernes, 24 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO: Contra As Violencias


#GaliciaEnNegro
#ContraAsViolencias
#EnNegroContraAsViolencias

Preparando o exterior do centro para amosar SOLIDARIDADE coas víctimas.


No interior, a CONCIENCIACIÓN é o primeiro paso para solucionar esta lacra.

E, nos tempos de lecer, tamén temos presente o conflicto. A profesora Dona Marta Taboada organizouno nas clases de baile e creando pulseiras.

A BANDA DESEÑADA, O PREFERIDO DOS NOSOS ALUMNOS

Miguel, lectopromotor do club de banda deseñada, comparte aquí as súas recomendacións literarias dste xénero, pouco traballado nas aulas pero cunha familia de seguidores en continuo aumento.

Nestge primeiro booktuber, anímanos a ler o manga de Inio Asano, Buenas Noches, Punpun.




A seguinte  suxestión de lectora é de Noragami, de Adachitoka.




Por último, pero non menos importante, detense nun clásico dos títulos de Marvel: Daredevil, de Miller.




GRAZAS, MIGUEL, POLO TEU TRABALLO EN PROL DO FOMENTO DA LECTURA ENTRE OS NOSOS SEGUIDORES!!!!
Animádeos a visita-la biblioteca e a buscar esta obra e outras. E, despois, preparade as vosas recomendacións.

martes, 21 de noviembre de 2017

PARA A INAUGURACIÓN, UN BOOKTUBER E UNHA RECOMENDACIÓN MOI ESPECIALES

Para iniciar a sección, o profesor do ano pasado D. Marcos López (Física e Química) recomenda a obra 13 Curiosidades Científicas creada polos seus alumnos de 4º ESO.
Grazas pola túa recomendación, Marcos.

jueves, 16 de noviembre de 2017

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DO ALUMNADO

Recordades as recomendacións literarias que fomentaron as profesoras Dona Fátima Barreiro e Dona María Elena Costas o ano pasado? Este ano, os alumnos de 4º ESO, como xa teñen experiencia, tamén empezan a facelo. Para os que non tivestes a Dona Fátima Barreiro como docente o ano pasado, pedímoslle as indicacións para esta actividade.
Animádevos!!!

NOSOTROS MISMOS, POR MIGUEL MONTES (4º ESO)

E o de Miguel, con mensaxe escondido só para os máis observadores...
Impresionante, deixasnos sen palabras, Miguel!!!!!

A MULLER DA VENTÁ, POR AINHOA FARIÑA (1º ESO)

Aquí tendes o relato gañador. Non o leades antes de durmir, os pesadelos poden ser....
Impresionante, Ainhoa!!!!

E NO MAGOSTO, OS GAÑADORES...

O pasado venres disfrutamos do Magosto (o alumnado do Ciclo, o profesorado do Departamento de Ed. Física e a Vicedirección supéranse ano a ano)
e, sendo Novembro, falláronse os premios do Segundo Concurso de Relatos de Terror do IES de POIO:
Ainhoa Fariña, de 1º ESO, gañou o primeiro premio de relato en galego e abraiounos coa súa lectura:
Miguel Montes, de 4º ESO, resultou o gañador do relato en castelán:
NORABOA, SODES TODO UNS ARTISTAS!!!!!!

SEGUNDO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR DO IES DE POIO

É evidente que o medo triunfa entre os máis novos... A participación nesta convocatoria foi moi alta:

CLUB DE LECTURA DE GREGO

Dona Carmen Fernández informa de que "na lectura de Naves negras ante Troya  chama a atención o uso dos epítetos e fórmulas homéricas.
O club de lectura elaborou este poster que recolle algunhas das referidas a deuses, a gregos e a troianos."

martes, 7 de noviembre de 2017

lunes, 6 de noviembre de 2017

PRIMEIRA LECTURA NO CLUB DE GREGO

Dona Carmen Fernández infórmanos de que o club de Grego xa comezou a súa andaina:
"A primeira lectura é Naves negras ante Troya, unha obra da autora Rosemary Sutcliff con prólogo redactado polo recoñecido escritor, filólogo, helenista, editor, mitógrafo e crítico Carlos García Gual.
A obra, subtitulada La historia de la Ilíada, vainos facer percorrer non só o relato homérico da cólera de Aquiles, senón tamén todos os acontecementos e lendas anteriores e posteriores.
Convidamos s acompañarnos no disfrute desta obra a Javier,  profesor do IES de Poio, e tamén aos alumnos de 4' da ESO Adri, Marcelino e Alejandro. Agradecémoslles moito que teñan aceptado a nosa invitación. 
Con eles compartiremos as nosas impresións sobre a lectura desta obra."