jueves, 7 de noviembre de 2019

PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS

Hoxe anunciamos quen gañou o Concurso de Cabazas:

1º premio: Iván González (1º ESO E)

Accésit: Ignacio Martínez (1º ESO C)
Accésit: Iria Quintillán (1º ESO D)
Accésit: Manuel Poza (1º ESO C)
Accésit: Noa Rodiño (1º ESO C)

Organizaron Biblioteca e Equipo de Normalización Lingüística e colaborou o Departamento de Ed. Plástica.




   




PREMIOS DO CERTAME DE RELATOS DE SAMAÍN


“A viaxe maldecida pola meiga” (José Alejandro Ferreiro Abal, 3º ESO B)                                                                
María foi despedirse do seu marido Manolo, que partía nunha viaxe de seis meses nun barco pesqueiro da ría de Muros e Noia.
Cando María regresaba á casa, encontrouse no camiño cunha vella que lle advertiu que o seu marido ía morrer por  saír ao mar no Día de Defuntos. A señora, que non era supersticiosa, respondeulle que non (lle) dixese parvadas. Aos poucos días, María recibiu a noticia do naufraxio do barco en que faenaba o seu marido e tamén soubo que este se encontraba entre os afogados.
Pasados uns días, despois do funeral, María encontrouse de novo con aquela anciá, que desta vez lle espetou: “Aviseite! Agora unha maldición caerá sobre ti por burlarte dunha vella”. A muller afastouse e María, outra vez, non deu creto ás súas palabras.
De camiño á casa e coa noite enriba, María divisou na distancia unhas candeas prendidas que se movían nunha longa fila, que se perdía na escuridade. Sorprendida, tentou descubrir que eran todas aquelas luciñas flotando na noite. Cando se decatou do que era, o súa faciana virou branca como a neve.
Era a Santa Compaña. Todos os defuntos levaban candeas acesas e encabezando a estadea e levando a cruz, descubriu un rostro coñecido. Era a vella!
A anciá achegouse a María e díxolle: “Agora ti tes a maldición, terás que dirixir a Santa Compaña e levar esta cruz ata que atopes outra persoa á quen lle pasar a carga para poder descansar en paz”. Logo diso, a vella desapareceu e María deuse conta do destino que a agardaba.


“Lúa chea” (Andrea Gil Ferreira, 3º ESO B)
Unha noite de lúa chea, como non conseguía durmir, saín camiñar pola vila. Cando pechei a porta da casa, os farois apagáronse, mais eu lonxe, de volver entrar, continuei co meu percorrido pensando no trastes que eran os rapaces da miña vila. Case sen me decatar, introducinme no bosque, onde topei cun can perdido e comecei a seguilo. O can levaba uns axóuxeres pendurados no pescozo e até cando o perdín de vista, puiden continuar detrás del grazas a aquel tintineo. Cando quixen darme de conta, estaba nun antigo cemiterio cheo de campaíñas de aviso nas lápidas. Os cordeis axitáronse e un inquietante ruído encheu o terrorífico espazo. Quixen correr, pero as portas do cemiterio pecháronse. De pronto, a igrexa abriu as portas e dirixinme alí a ver que pasaba. Todo era moi estraño, e aínda así, entrei. Cando os alí presentes se deron conta da miña presenza comezaron a gritar e chorar. Percibín que os meus seres queridos: primos, tíos, avós, a miña familia toda, ficaran arrepiados. Tíñan medo de min. Non tiña idea do que estaba pasando! De pronto vin o ataúde e, dentro, o meu corpo... Con espanto, vin que a miña cara estaba destrozada por unhas horribles feridas, que semellaban feitas polas poutas dun lobo. Non puiden ver máis xa que unhas mans agarráronme e tiráronme do teito da igrexa. Debín quedar inconsciente, mas agora que xa espertei, na caixa da igrexa,  por máis que tiro do cordel da campaíña, ninguén me socorre, só o can ouvea.

sábado, 12 de octubre de 2019

CLUBS DE LECTURA 2019/2020

Lanzamos os clubs de lectura para este curso! A partir do luns 14 xa podedes anotarvos na Biblioteca nalgún ou en varios deles. Aquí tedes toda a información:





miércoles, 9 de octubre de 2019

CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN


A Biblioteca do IES de Poio organiza neste outono un concurso de relatos de medo, coincidindo coa celebración do Samaín este mes de novembro.

As bases do concurso son as seguintes:

1. Poderá participar todo o alumnado do centro.

2. Poderán concorrer con traballos orixinais escritos en galego en dúas categorías: 
        a) Primeiro ciclo da ESO (1º, 2º e 3º)
        b) Segundo ciclo da ESO (4º) e Bacharelato

3. Os relatos deben recoller historias de Samaín dos sucesos estraños que contaban os e as maiores ao redor do lume nas longas noites do mes de Santos: aparicións, a Santa Estadea, defuntos, mouras, etc.

4. Cada alumno/a introducirá o seu relato nun sobre fechado no que escribirá por fóra o seu pseudónimo e o título do relato.
No interior dese sobre irá outro máis pequeno co pseudónimo por fóra e cos datos persoais dentro: nome e apelidos, curso e grupo.

5. Os traballos serán depositados na biblioteca durante o recreo.

6. O prazo de entrega finalizará o 30 de outubro.

7. A Biblioteca establecerá para cada categoría un PRIMEIRO e un SEGUNDO premio, consistentes en libros e/ou material.

8. Os premios poderán ser declarados desertos se o xurado o considerar oportuno.

9. O xurado estará integrado polo Equipo de Biblioteca (que contará coa colaboración do profesorado de Lingua Galega).

10. O fallo do xurado e a entrega de premios terán lugar no recreo do día 7 de novembro na Biblioteca.

11. Os traballos premiados serán subidos ao blog da biblioteca e expostos no taboleiro do vestíbulo do centro durante o mes de novembro.

12. A participación nesta convocatoria supón a aceptación destas bases.


martes, 27 de agosto de 2019

FIN DE CURSO 2018-2019

Este final de curso anda a ser movidiño na biblioteca do IES.
Primeiro, conseguimos cambiar un pouquichiño o mobiliario incorporando así unha zona para ler, para as reunións dos clubs de lectura,...


Os meses de Xuño e Xullo permitironnos tamén acabar de actualizar a sección de Literatura Castelá da Biblioteca, cambiando todos os tejuelos e ordenándoos nas baldas.


Ademáis, gracias á aportación extraordinaria da Consellería de Educación para a compra de fondos STEAM, a biblioteca conta con numerosos títulos moi suxestivos a disposición do alumnado, tanto na biblioteca como nas caixas da Hora de Ler.

OBRADOIRO ORIENTAL

O 5 de xuño o alumnado dos clubs de lectura de Banda Deseñada e de Kamishibai tiveron unha doble sesión moi especial: un obradoiro de origami e de caligrafía xaponesa.
O obradoiro permitiu adentrarnos nesta cultura milenaria e, ademáis, levar como recordo cadanseu nome en nesta caligrafía tan artística.
A biblioteca non quixo ser menos, e tamén conseguiu o seu agasallo.
A biblioteca e os clubs de lectura implicados queremos darlle ás grazas á profesora Megumi por desprazarse ó centro para impartir este taller.

martes, 21 de mayo de 2019

MARÍA ORUÑA NA BIBLIOTECA DO IES DE POIO


Hoxe foi un día moi especial na biblioteca: abrimos as nosas portas á escritora María Oruña, autora de Puerto Escondido (lida fai dous anos no club de lectura de adultos e neste, no club de lectura de Bacharelato e en todos os 4' ESO na materia de Lingua Castelá.



María preparou material para explicar a obra. Así, abraiounos coa súa exposición e achegounos un pouquichiño máis ós lugares e épocas nas que se desenvolve Puerto Escondido.





Pero non só falou do libro: explicounos como se chega a ser unha escritora de sona e en que consiste realmente a profesión de "escritor".




Permitiunos ademáis, preguntar as nosas dúbidas sobre a obra, a súa persoa, sobre o proceso creativo,.... falamos do que quixemos.


Ó acabar o coloquio, aceptou asinar os libros de todos: do alumnado, dos profesores e das nais do club de adultos que tamén se achegaron a escoitala.





Como os de club de lectura de Bacharelato teñen menos vergoña, conseguiron o trofeo dunha foto coa protagonista do día.


Antes de marchar, María agasallounos con dous exemplares adicados do segundo libro da serie "Los Libros de Puerto Escondido".



Moitas gracias, María, por unha xornada inesquecible. Volve cando queiras, estas na casa.

lunes, 20 de mayo de 2019

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


Onte pola tarde tivemos a sesión mensual do club de lectura de adultos. Esta vez, non estivemos todas (botóusevos de menos, rapazas) pero a charla foi igual de entretida que noutras sesións  e os personaxes, as ambientacións, o multiperspectivismo de Tres Maneras de Inducir Un Coma,... foron analizados para chegar á nosa propia versión, seguramente diametralmente oposta á que Alba Carballal imaxinou.

Coa próxima lectura, a derradeira deste curso, volveremos á novela negra da man de Aranza Portabales e a súa Beleza Vermella.



Quedamos o 10 de xuño ás 18,30 h. na Biblioteca.

miércoles, 15 de mayo de 2019

CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO


 O luns ó mediodía, o club de lectura tivo unha reunión. Primeiro, demos boa conta dos bocatas que Nita preparou (coma sempre: grazas, Nita) pero non perdemos o tempo, entre bocado e bocado xa discutíamos qué faríamos nós se fósemos o protagonista de Terror de Ferdinand von Schirach.

Tamén quixeron axudar na biblioteca escollendo as lecturas para #portadasdelibros,  o reto que -por instagram- aceptamos hai uns días.

E xa para rematar a sesión, entregamos a seguinte lectura: Lejos del Corazón de Lorenzo Silva. Xa vos contaremos!!!



sábado, 4 de mayo de 2019

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O luns pola tarde, tralas clases, tivemos una nova reunión do club de lectura de adultos. Esta vez, tiñamos como lectura Ninguén, de Fran Alonso.

Aínda que non foi a lectura que máis entusiasmou, sí lle sacamos partido na posta en común  e rimos a esgalla saltando dun tema a outro (máis ou menos relacionados coa obra).

A continuación, repartimos a nova lectura, a ópera prima de Alba Carballal, Tres Manera de Inducir un Coma.




A posta en común desta novela será o 20 de maio, no horario habitual.

SAÍDA DO CLUB DE BANDA DESEÑADA CÓMIC-COM DE MOAÑA

Onte, o club de lectura de banda deseñada tivemos una mañá moi axetreada: xa ás nove esperábamos nerviosos o autobús




que nos levaría a Moaña




Alí, no primer andar da praza de abastos, estaba xa todo preparado










CÓMIC-COM 
 organizada polos institulos da localidade. 

Estivemos toda a mañá con diferentes actividades,





aínda que a "búsqueda do tesouro"










e scape room foron as máis demandadas.


Aínda que a nosa saída rematou, a Cómic-Con continuou durante a tarde e a xornada do sábado cun programa incríble. Noraboa ós instituots organizadores, conseguiron que pasásemos una xornada fantástica. Vémonos o ano que vén!