Nova lectura no club de adultos

A última sesión do club resultou case unha sesión de risoterapia. O libro que estivemos lendo, "La sal de la vida" de Anna Gavalda,  resultou un éxito e deu moito que falar: fannos falta máis lecturas deste tipo para pasar un moi bo rato (opinión xeralizada). 

De momento, seguimos co drama e coa guerra civil, con "Las tres heridas" de Paloma Sánchez-Garnica, que agardamos que dea que falar tanto ou máis que o anterior. 

O mellor: que seguimos captando lectorAs, con A maiúscula (todo mulleres!!) con novas incorporacións este 6 de febreiro. 

Vémonos o mes próximo!!!


Comentarios

Publicacións populares