PRIMEIRA LECTURA NO CLUB DE GREGO

Dona Carmen Fernández infórmanos de que o club de Grego xa comezou a súa andaina:
"A primeira lectura é Naves negras ante Troya, unha obra da autora Rosemary Sutcliff con prólogo redactado polo recoñecido escritor, filólogo, helenista, editor, mitógrafo e crítico Carlos García Gual.
A obra, subtitulada La historia de la Ilíada, vainos facer percorrer non só o relato homérico da cólera de Aquiles, senón tamén todos os acontecementos e lendas anteriores e posteriores.
Convidamos s acompañarnos no disfrute desta obra a Javier,  profesor do IES de Poio, e tamén aos alumnos de 4' da ESO Adri, Marcelino e Alejandro. Agradecémoslles moito que teñan aceptado a nosa invitación. 
Con eles compartiremos as nosas impresións sobre a lectura desta obra."



Comentarios

Publicacións populares