O CLUB DE ADULTOS FINALIZA O TRIMESTRE CUNHA NOVA LECTURA

O luns tralas clases disfruamos dunha nova sesión do club de lectura de adultos.

Tivemos tempo de poñer en común as nosas reflexións sobre a cosmoloxía da obra e os nosos anhelos sobre algunhas personaxes que, insertas aquí coma secundarias, teñen unha historia detrás que contar tan interesante que nos deixan a sensación de conversa pendente (Cristina Sanjuán daría unha incríble protagonista...)

Ademáis, aproveitamos a xuntanza para tomar os primeiros petiscos de Nadal (que agradecemos á Vicedirección) xuntos e, como non?, falar de máis libros e buscar outras temáticas. O próximo reto, unha novela para rir e con final pechado.

Xa para finalizar, apuntamos nas nosas axendas o 29 de Xaneiro para a próxima sesión do club, onde comentaremos El Paciente de Gómez-Jurado.

Animádevos a lelo e a incorporarvos a noso grupiño lector!!! Só hai que querer ler....




Comentarios

Publicacións populares