SEGUNDA LECTURA NO CLUB DE GREGO

A profesora Dª. Carmen Fernández informa de que:

"O club de lectura de Grego comeza unha nova andaina neste segundo trimestre.

Mentres imos rematando co booktrailer de Naves negras ante Troya, estamos xa preparando a nova lectura.


Nesta ocasión trátase de Las nubes, do comediógrafo grego Aristófanes, unha obra que nos presenta  unha visión satírica da figura do filósofo Sócrates e da escola filosófica dos sofistas.

Agradecemos a Julio, profesor de flosofía no noso centro, a súa incorporación ao club para esta lectura.

Hoxe no recreo tivemos unha  interesante introdución á  obra levada a cabo polo  profesor de filosofía e pola profesora de grego, con comentarios e preguntas dos integrantes do club.




Faltou algunha compoñente do club de lectura, e agradecemos a incorporación de Alejandro, alumno de 2º de bacharelato.

O recreo quedóusenos corto para adentrarnos  neste mundo de Aristófanes que , se ben data de vinteseis séculos atrás,, nembargantes, somos quen de decatarnos do actual da súa temática. e seguro que de disfrutar da lectura. 

Ben certa é, como comentamos hoxe, a máxima de nihil novum sub sole."

Comentarios

Publicacións populares