PREPARANDO O DÍA DO LIBRO


Antes de marchar de vacacións, na Biblioteca estivemos moi ocupados argallando e decorando o centro para o DÍA DO LIBRO 2019, o 23 de Abril.




Así, a primeira hora, o profesor D. Xulio de Santiago cos seus alumnos dedicáronse a preparar o mural para expresar a opinión das lecturas obligatorias ideado por Doña Milagres Romero.





Tamén se engalanou a Biblioteca coas creación poéticas da clase de Lengua Castelá:






Os alumnos da profesora Dª. Celia Couso levan todo o ano facendo traballos para recomendar as súas lecturas voluntarias. Escolleron para expoñelos esta data tan importante:





E prometen novas recomendacións próximamente.


Por último, empezamos a colgar os nosos libros favoritos por todo o centro: personal non docente, profesores e alumnado foron poñendo as súas portadas coa xustificación de esa escolla.




Comentarios

Publicacións populares