8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para botarlle unha ollada, para ler nos recreos, para levar para casa... Temos unha selección temporal de lecturas feministas no hall do instituto.
Este foi o lema gañador do certame convocado dende o Equipo de Dinamización Lingüística, o Grupo de Igualdade e a Biblioteca. A autora é Cristina González Alfonso de 3º ESO A:
As alumnas do Club de Lectura Feminista de 2º/3º elaboraron lemas que colocaron ao lado das lecturas recomendadas que hai no hall:
E aquí tedes o traballo que se realizou no centro con motivo do 8 de marzo coordinado dende o Grupo de Formación da Biblioteca. Quixemos facer o noso particular paseo da fama dedicándollo a mulleres de diversos campos artísticos e cada aula do centro traballou a súa estrela:
Comentarios
Publicar un comentario