30X, DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Con motivo do 30 de xaneiro, estes días quixemos poñer en valor a figura de Isabel Zendal, unha muller valente que se aventurou nun barco con nenos coruñeses para levar a vacina da varíola a América.
O alumnado está traballando a partir do libro Os nenos da varíola de María Solar e dende a biblioteca, en colaboración co Grupo de Igualdade, quixemos achegar algún recurso máis para coñecer a achega de Isabel Zendal á nosa historia.
Comentarios
Publicar un comentario