CLUB DE LECTURA DE POESÍA GALEGA
A profesora de Lingua Galega Dª. Milagres Romero tivo unha acollida moi satisfactoria da súa proposta de club de lectura poética en 1º Bacharelato.
A súa primeira lectura, Ningún Cisne, de Manuel Rivas, foi analizada en dúas sesións, polas incorporacións tardías ó club.
A segunda lectura, Camuflaxe, de Lupe Gómez, mergullounos na súa voz narrativa e as súas evocacións cheas de dor pero, tamén, de realidade.
Comentarios
Publicar un comentario