CLUB DE LECTURA DE NARRATIVA PARA BACHARELATO
Os alumnos de Bacharelato continúan, un ano máis, co club de narrativa, da man da profesora de Lingua Castelá Dª María Elena Costas. As sesións, para non ser tan afogadas, realizamolas co xantar do luns.
E para inicialas, nada mellor que compartir unhas pizzas e un pouco de froita mentres tiñamos un acalorado debate sobre El Chico Nuevo de Tracy Chevalier, unha novela de ambiente escolar.
A segunda sesión levounos a compartir bocadillos (GRACIAS, NITA), mentres poñíamos en común a lectura de Marina, de Carlos Ruiz Zafón. A obra tivo, para todos, os seus momentos: o horizonte de expectativas creado antes e durante a lectura foi tan alto que, ó final, houbo pequenas decepcións.
Puerto Escondido, de María Oruña, é a nosa seguinte proposta. Veremos....
Puerto Escondido, de María Oruña, é a nosa seguinte proposta. Veremos....
Comentarios
Publicar un comentario