CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


 Un ano máis, voltamos co club de lectura de adultos, a cargo da profesora Dª María Elena Costas, de Lengua Castellana.

Este ano xa somos dezaséis! Continuamos mellorando…


Así a nosa primeira incursión lectora levounos a indagar na vida de Marga, en Tres Mil Noches con Marga, de Pedro Ramos.




Na posta en común desta obra descubrimos que todos estábamos intrigados polas mesmas cousas: os caracteres que rodean á nosa protagonista fan que nos preguntemos por eses secundarios tan interesantes, Marga é un misterio admirable, a época e circunstancias que lle tocan vivir recordaronnos que non hai moito a vida era moi distinto non moi lonxe de nós.
Como conclusión chegamos á mesma de sempre: falta libro, falta historia, queremos máis.




A seguinte lectura cambiou completamente de rexistro, de idioma, de tono,... 




Campus Morte de Lito Vila levounos a xogar co pasado do Santiago universitario e a actualidade. Pero este xogo de tempos esconde unha realidade dramática: as nefastas consecuencias dasnosas accións non son cousas do pasado, é maís, están de máxima actualidade.

El Chico Nuevo de Chacy Chevalier impactounos.





Enfrentámonos coa maldade, coa orixe da maldade. Discutimos acaloradamente as consecuencias que ésta ten no seu entorno, en todo o que a rodea, e pensamos no noso posicionamento ante esta realidade do mundo no que vivimos. Unhas reflexións moi serias que non deixaron indiferente a ninguén.



Na próxima sesión, póremos en común Terror de Ferdinand von Schirach.





Comentarios

Publicacións populares