CONCURSO LITERARIO - MICRORRELATO. LETRAS GALEGAS 2019

CONCURSO LITERARIO - MICRORRELATO
LETRAS GALEGAS 2019

Con motivo do Día das Letras Galegas 2019, o departamento de Lingua Galega e a Biblioteca do IES de Poio organizan un concurso literario coas seguintes bases: 

BASES:
Poderán participar todos os alumnos e alumnas que estean cursando 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO no IES de Poio.
A extensión máxima do microrrelato non poderá superar as 150 palabras.
Cada alumno ou alumna só poderá presentar un microrrelato.
O tema será libre.
Deberá estar escrito en lingua galega.
Valorarase a creatividade, orixinalidade e calidade narrativa..
Os orixinais, que poden estar escritos á man ou mediante o ordenador, deberán entregarse na biblioteca.

O prazo de presentación  remata o día 16 de maio de 2019.

Nos traballos debe constar o pseudónimo do autor ou autora e, dentro dun sobre pechado tamén co pseudónimo por fóra, o seu nome, apelidos e curso. 

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. 

CATEGORÍAS E PREMIOS:
Establécense as seguintes categorías e premios:  
a) CATEGORÍA A: Para alumnos e alumnas que cursan 1º e 2º da ESO:
-Un 1º premio
-Un 2º premio

b) CATEGORÍA B: Para alumnos e alumnas que cursan 3º e 4º da ESO:
-Un 1º premio
-Un 2º premio

XURADO:
O xurado estará formado por dous alumnos ou alumnas de Bacharelato e por dous profesores ou profesoras do IES de Poio.
O xurado dará a coñecer a súa resolución o día 23 de maio (xoves) na biblioteca á hora do recreo.

Comentarios

Publicacións populares