MARÍA ORUÑA NA BIBLIOTECA DO IES DE POIO


Hoxe foi un día moi especial na biblioteca: abrimos as nosas portas á escritora María Oruña, autora de Puerto Escondido (lida fai dous anos no club de lectura de adultos e neste, no club de lectura de Bacharelato e en todos os 4' ESO na materia de Lingua Castelá.



María preparou material para explicar a obra. Así, abraiounos coa súa exposición e achegounos un pouquichiño máis ós lugares e épocas nas que se desenvolve Puerto Escondido.





Pero non só falou do libro: explicounos como se chega a ser unha escritora de sona e en que consiste realmente a profesión de "escritor".




Permitiunos ademáis, preguntar as nosas dúbidas sobre a obra, a súa persoa, sobre o proceso creativo,.... falamos do que quixemos.


Ó acabar o coloquio, aceptou asinar os libros de todos: do alumnado, dos profesores e das nais do club de adultos que tamén se achegaron a escoitala.





Como os de club de lectura de Bacharelato teñen menos vergoña, conseguiron o trofeo dunha foto coa protagonista do día.


Antes de marchar, María agasallounos con dous exemplares adicados do segundo libro da serie "Los Libros de Puerto Escondido".



Moitas gracias, María, por unha xornada inesquecible. Volve cando queiras, estas na casa.

Comentarios

Publicacións populares