CONTINUAMOS NO CLUB DE POESÍA GALEGA



Neste terceiro trimestre, e a petición das alumnas integrantes do Club de Poesía do IES de Poio, vaise ler unha selección de poemas en lingua galega cuxo tema principal é o amor nas súas máis diversas variantes: o amor correspondido, o desengano, os amores que doen, o amor máis alá da morte, o amor físico e o amor platónico... E outras formas de entender o amor. Os e as poetas que integran esta antoloxía - de creación propia - van desde a máis clásica Rosalía, ata outros máis actuais, como Olga Novo, Manuel Celso Matalobos ou Miro Villar.

Comentarios

Publicacións populares