COMO LER A TRAVÉS DA REDE?

Xa que temos pechadas as nosas bibliotecas e librerías, temos que buscar alternativas para continuar as nosas lecturas.

Lecturas de balde: 
GaliciaLe. A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, desde libros ata audiovisuais en galego e castelán.

Se xa tiñades carné da biblioteca de Poio ou Pontevedra, tedes que introducir o usuario e contrasinal que vos facilitaron. Se non o tiñades, tedes a posibilidade de rexistrarvos e que vos envíen as credenciais. 
Baía Edicións. A través da iniciativa "Baía Edicións con nós na casa" ofrecen de maneira gratuíta diferentes títulos. Hai unha sección para maiores de 12 anos.

Lecturas de pago:
Galaxia Editorial. Non cobra os gastos de envío. Conta cun amplo catálogo que podedes atopar aquí.
Casa de Libro. Conta cunha ampla oferta de libros electrónicos que podedes comprar e descargar na plataforma Tagus. 
Fnac. Tamén ofrece libros electrónicos para a súa compra.

En canto poidamos, volveremos ir ás librerías que temos cerca para seguir enchendo as nosas vidas de libros



Comentarios

Publicacións populares