O PREGUNTÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO
Queremos reivindicar a figura de Ricardo Carvalho Calero e que poidades saber máis sobre el. Temos que facelo dende casa e por iso, dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, lanzamos esta iniciativa virtual a través das nosas redes: o Preguntón sobre Ricardo Carvalho Calero.
Do 1 ao 17 de maio subiremos unha pregunta diaria sobre a vida e obra de Carvalho Calero nas historias de Instagram e nas publicacións de Facebook da biblioteca. Tamén iremos colgando todas as preguntas e respostas nesta entrada de blog.
Animámosvos a entrar nas nosas redes e participar!
Podedes atopar máis iniciativas das #bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020 aquí.
Podedes atopar máis iniciativas das #bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020 aquí.
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol o 1910 e morreu en Santiago en 1990
No ano 1926 Ricardo Carvalho Calero aproba o Bacharelato e trasládase a Santiago para iniciar os seus estudos universitarios. Alí matricúlase en Dereito, a pesar da súa paixón pola lingua e a literatura.
Carvalho Calero chega a Santiago e comeza a colaborar activamente co Seminario de Estudos Galegos.
Carvalho Calero formará parte do Partido Galeguista dende a súa fundación en 1931. Dentro do Partido Galeguista, alíñase coa tendencia situada máis á esquerda. Tamén participa na elaboración do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía.
Cando remata a Guerra Civil, Carvalho Calero é arrestado e encarcerado no cárcere do convento de Santa Úrsula (Xaén). O fiscal pide para el a pena de cadea perpetua, que logo queda reducida a doce anos e un día.
Ao final só cumprirá dous anos pola falta de espazo nos cárceres franquistas. Os dez anos restantes cumpriraos como “liberado condicional” xa na súa casa.
Durante os dous anos de presidio (1939 1941) aproveita o tempo de encerro para traballar nos primeiros bosquexos da gramática da lingua galega.
En 1950 fundouse a Editorial Galaxia e RCC participou na súa posta en marcha.
Ricardo Carvalho Calero foi nomeado Membro de honra da Associaçom Galega da Língua (AGAL) no ano 1982.
Pois Carvalho Calero é unha das figuras máis relevantes do reintegracionismo, a corrente que busca a aproximación entre galego e portugués. Consideraba que integrar o galego no idioma co que forma unha unidade lingüística histórica era a posibilidade de abrirse a unha comunidade de máis de 200 millóns de persoas nos cinco continentes (a comunidade lusófona).
A actividade narrativa da posguerra comeza coa obra A xente da Barreira.
Ricardo Carvalho Calero fixo a primeira gramática do galego elaborada con criterio científico: a Gramática elemental del gallego común. Durante os dous anos que estivo encarcerado comezou a traballar nela. Esta gramática publícase en 1966 e ata 1979 terá sete edicións, nas que Carvalho Calero vai engadindo novos contidos e vai amosando a súa aproximación cara á confluencia de galego e portugués.
Non participou no debuxo, pero si na poesía, na narrativa, no teatro e no ensaio.
O título con máis éxito da súa carreira literaria, Scórpio (1987), foi recoñecido co Premio da Crítica un ano despois, cando Ricardo Carvalho Calero tiña 76 anos.
En 1950, esta editorial concedeulle un premio pola obra A xente da Barreira (1951), a primeira obra de narrativa publicada tras a Guerra Civil.
Os seus primeiros traballos literarios aparecen en revistas da emigración galega como Vida Gallega.
Esta obra realiza un percorrido polo período 1808-1936 e amosa especial atención polo Rexurdimento, en concreto por Rosalía de Castro.
O poemario Reticências publicouse o ano da súa morte, 1990.
Comentarios
Publicar un comentario