Cinema en curso: últimas grabacións
As sesións de rodaxe do documental do Cinema en curso sobre as mariscadoras xa remataron.
- Comezamos un primeiro día de rodaxe o luns 27 de marzo ás 7:30 da mañá. Baixamos dende o instituto ata A Seca e alí grabamos ás mariscadoras e mariscadores que comezaron o seu traballo ben cedo.
- O luns 24 de abril pola tarde grabamos na lonxa de Campelo. onde se comercializa o produto do marisqueo.
- O xoves 28 de abril ás oito da tarde achegámonos primeiro aos miradores do Loureitro de Campanario para grabar dende alí A Seca e a ría. Logo, baixamos ata A Seca para tomar algún plano anoitecendo.
- O venres 28 de abril tivemos a derradeira sesión de rodaxe e baixamos, pola mañá, a grabar o marisqueo en A Seca.
Unha vez rematadas as grabacións, quédanos a montaxe. Pronto estará rematado o documental e a verdade é que a cousa promete!!!.
Comentarios
Publicar un comentario