|
Collages elaborados por alumnado de 1º de ESO |
No IES de Poio celebramos as Letras Galegas con actividades organizadas desde Biblioteca, Departamento de Plástica e ENDL.
Este 16 de maio, o alumnado de 3º e 4 de ESO asistiu a unha charla sobre mitoloxía galega a cargo do antropólogo Rafael Quintiá. Falounos das mouras, o demo asubiador e os lobishomes, así como da orixe de palabras, frases feitas e toponimia de orixe mitolóxica.
|
Un dos momentos da charla de
Rafael Quintiá |
|
Alumnado de 3º e 4º de ESO na charla sobre mitoloxía galega |
|
Panel homenaxe a Carlos Casares: información a cargo de 2º de ESO
e collages elaborados en 1º de ESO. |
|
Exposición de exemplares das obras de Casares
dispoñibles en biblioteca |
O alumnado de primeiro de ESO elaborou o cartel-collage homenaxe a Carlos Casares coa profesora Marta Taboada e o de segundo de ESO, os paneis informativos nas clases de reforzo de lingua. Ademais, o alumnado de 1º de Bacharelato preparou vídeos de recomendación de "O sol do verán" e "Ilustrísima", obras de referencia do autor homenaxeado, que leron como lecturas voluntarias das clases de lingua e literatura galega durante este curso académico. Os vídeos foron proxectados no día de hoxe durante o recreo.
|
Información elaborada por alumnado de 2º de ESO |
|
Información elaborada por alumnado de 2º de ESO |
Comentarios
Publicar un comentario